"CRUZ"
Durante catro anos estivo cambiando en (polo menos) tres ocasións este cadro. Nunca puden deixalo a vista e dáballe a volta no estudio pois desagradábame ver como me vencía.
Quedou "durminte" ata marzo 2007 no que decidín reinicialo na súa totalidade facendo desaparecer todo rastro dos anteriores exceptuando os cosidos e engadidos de telas, que fixeron de columna vertebral que o sostería.
Unha mixtura de barniz e auga aflorou a idea.
Fixen desaparecer todo-los brillos e tentei darlle certa alegría e sensación de "impulso". Dun movemento hacia adiante.
En catro días sae para a casa de Ana. Queda INACABADO, pero a falta de espazo recomenda: "¡déixao ir, sálvase!". (Creo que vaise rindo de min ...)
"Cruz".Acrílico-Pó de granito-barniz-sobre tela con costuras. 157 x 120 ctms.
Etiquetas: cruz